Recursos TIC

Empezando o curso con forza: recursos online

Enviado por iesproval o Sáb, 2011-09-10 19:46

Interesantes artigos de Bitelia sobre cinco recursos online que todo estudiante debería coñecer e ferramentas para estudiar e facer traballos en grupo.

( categories: )

Uso seguro e responsable das TICs. Recomendacións para as familias

Enviado por iesproval o Ven, 2011-02-11 12:25

 

 

 

 

  Premendo o documento adxunto a esta páxina pode consultarse unha guía útil de Recomendacións ás familias do uso seguro de Internet elaborada pola Consejería de Educación de la Junta de Andalucía.

( categories: )

Uso seguro e responsable das TICs por parte do alumnado

Enviado por iesproval o Ven, 2011-02-11 00:25

  Neste apartado pode accederse a material seleccionado para fomentar entre o noso alumnado un uso responsable e seguro das TICs e de Internet

( categories: )

PHPWebquest: aloxamento de webquest

Enviado por iesproval o Mar, 2010-06-08 09:55

PHPwebquest: páxina con recursos tipo webquest de diferentes materias e para diferentes estudios e niveles. Merece unha visita.

( categories: )

Guías de uso de OpenOffice

Enviado por iesproval o Sáb, 2010-05-22 07:58

O Cenatic (Centro Nacional de Referencia de Aplicación das TIC baseadas en fontes abertas) ven de publicar uns cadernos de formación tecnolóxica, a modo de guías, para os programas libres máis populares. Nestas publicacións recóllense de maneira sinxela e ordenada as instruccións para utilizar as aplicacions de OpenOffice.org, como Writer, Calc, Impress, Draw ou Base e tamén aplicacións para retoque fotográfico e deseño gráfico como Gimp e inkscape.

( categories: )

REDETIC: recursos TIC para profesores e alumnos

Enviado por iesproval o Lun, 2010-05-10 19:58

Na páxina REDETIC da Xunta de Galicia podemos atopar as novidades no mundo das TIC así como todo tipo de recursos úteis para o profesorado e mesmo o alumnado interesado nas novas tecnoloxías. Merece a pena unha visita.

Tamén, dentro de REDETIC, no apartado Cursos de Formación é posible a inscripción  nalgúns deles cubrindo un simple formulario de rexistro.

Polo seu interese, vimos de engadir un enlace a REDETIC dende o menú de enlaces externos situado na cabeceira da páxina.

( categories: )

Zoho: servicios "cloud computing" semellantes aos de Google

Enviado por iesproval o Xov, 2009-10-22 07:49

zohoZoho é un conxunto de aplicacións web entre as que están correo electrónico, editor de texto, editor de follas de cálculo, editor de wikis, programa para presentacións, aloxamento de documentos..., a maior parte gratuitas. Para empregar estes servicios é preciso rexistrarse na páxina. Nesta páxina de Wikipedia hai información completa sobre Zoho.

( categories: )

Scribd: aloxamento de documentos ofimáticos

Enviado por iesproval o Xov, 2009-10-15 17:01

Scribd é un servicio de aloxamento de documentos en diversos formatos (doc, pdf, odf, txt, pps...) indicado para documentos cun certo peso. Unha vez subidos visualízanse en flash e poden descargarse no seu formato orixinal. Útil para apuntes e tochos de problemas ou teoría.

( categories: )

SlideShare: aloxamento de presentacións

Enviado por iesproval o Xov, 2009-10-15 16:55

SlideShare é un servicio de aloxamento de presentacións de todo tipo (powerpoit, impress...) cun enorme fondo de presentacións das máis varidas materias  e moitas delas descargables. Imprescindible para profesores.

( categories: )

DotSub: aloxamento de vídeos subtitulados

Enviado por iesproval o Xov, 2009-10-15 16:49

DotSub é un aloxamento de vídeos e traducción de subtítulos a tódolos idiomas. Conta con ferramentas e tutoriais para traducir vídeos propios ou xa existentes ao idioma que se desexe. Ten un gran número de vídeos instruccionais. Sitio moi útil para profesores e máis nomeadamente para a aprendizaxe de idiomas.

( categories: )
Distribuir contido