Skip to Content

Música

Harmonía nas aulas

  Alumnado de musica de Proval participu no Concerto de alumnos de secundaria-Memorial Blanca Lorenzo Royo que se desenvolveu o 29 de novembro no Auditorio Municipal de Vigo. 

  Participaron neste evento  IES Alexandre Bóveda, IES Carlos Casares, IES Castelao, IES Rosais 2, IES Santo Tomé, IES 1º de Marzo e o IES Escolas Proval. O noso alumnado interpretou a Rondó para caldeiros, chifres e outros cacharros baixo a dirección da profesora Paula Carreras.

 

 

Día da música

O xoves 23 de novembro celebramos o día da música cun concerto a cargo do alumnado de música de 4º ESO.

Premendo a foto inferior pode verse o álbum desta actividade.

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> Día da música

Concerto de fin de curso do noso alumnado de Música

O xoves 22 de xuño o alumnado de Música do IES Escolas Proval ofrecerá un Concerto de Fin de Curso. Será ás 20 horas no Salón de Actos.

Trátase dunha actividade aberta ao público en xeral e ás familias en especial coa que se fecha unha serie de actuacións desenvoltas no presente curso, tanto no noso centro como noutros da contorna.

O repertorio abranguerá cancións actuais e míticas da historia da música pop, rock, da música española, unha cantiga de Santa María (Alfonso X) e pezas de percusión con material reciclado.

Actuará alumnado de 1º e 3º de ESO na primeira parte e alumnado de 4º ESO e Bacharelato na segunda parte. Todos eles baixo a dirección da profesora Paula Carreras.

Día da música en Proval

 

  O pasado martes 22 de novembro celebramos o día da música en Proval cun concerto dirixido pola profesora Paula Carreras e no que participou alumnado de diferentes cursos de ESO e Bacharelato.   

  Pódense ver máis fotos deste evento premendo sobre a foto.

 

 

 

Galería de fotos da visita-concerto á ESAD

  Está dispoñible a galería de fotos da visita á  Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Vigo o pasado 4 de maio por parte de alumnado de música baixo a supervisión da profesora Paula Carreras.

Distribuir contido


by Dr. Radut