Skip to Content

Secretaría

Cualificación probas libres para obter o título de Técnico en Xestión Administrativa

Poden comprobar as cualificacións das probas libres 2021-22 para a obtención do título de Técnico en Xestión Administrtiva (CMADG01) premendo na seguinte ligazón 

Calendario de exames 1º FPB

Poden visualizar o calendario de exames para o alumnado con perda de avaliación continua, premendo nesta ligazón.

Solicitude de matrícula en ESA

Para solicitaren praza en Educación Secundaria de Adultos no IES Escolas Proval no curso 2022-23, poden descargar o impreso de matrícula (xunto coas indicacións da documentación adicional que deben entregar) premendo na seguinte ligazón

Presentación:

Lugar: secretaría do instituto en horario de 9:00 a 14:00 h.

Prazo: do 1 ao 15 de xuño de 2022 (ambos inclusive)

 

 

 

Axudas fondo de libros e material escolar 2022-23

Publicada a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado na ESO no curso 2022-23.

Presentación:

Poderá facerse o trámite de forma presencial na secretaría do centro de 9:00 a 14:00 horas entregando os Anexos I e II (abaixo adxuntos) ou a través da sede electrónica dende desde o 19 de maio ao 22 de xuño de 2022.

  • Procedemento ED330B
  • Código do centro 36015184

 

Lexislación: 

  • Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H), DOG 18/5/2022
  • Extracto da Orde do 29 de abril

Máis información nas seguintes ligazóns:

 

Información Coronavirus

Estimadas familias:

Para calquera información que nos queiran transmitir relacionada coa COVID-19, rogamos que se poñan en contacto con nós a través do número de móbil 681200817 (preferiblemente) ou do número 886110365. O resto dos documentos relacionados poden visualizalos na parte ssuperior esquerda  desta páxina.

Lembren realizar diariamente antes de saír da casa a “Enquisa de autoavaliación” para comprobar se teñen algún síntoma da covid-19. No caso de telo, cómpre ficar na casa, pórse en contacto co EquipoCovid do instituto (nos números abaixo indicados) para comunicar a ausencia e, sobre todo, chamar ao centro de saúde correspondente parar falar directamente co/a pediatra (antes dos 15 anos) ou médico de cabeceira. 

Grazas, EquipoCovid do Proval.

Distribuir contido


by Dr. Radut