Skip to Content

Complementarias

Saída a Santiago e a A Coruña polo departamento de electrónica

O 29 de novembro o alumnado de ciclos de electrónica realizaron unha saída a Santiago e a A Coruña para facer unha visita a Retegal (Televisión de Galicia), ao MUNCYT (Museo de Nacional de Ciencia y Tecnología) e ao Museo Didáctico de Telecomunicacións.

Visita moi interesante onde tamén puideron asistir ao progra GALICIA POR DIANTE en directo da Radio Galega.

 

Ligazón ao podcast da radio galega de ese día onde mencionan a nosa visita:

 

https://www.crtvg.es/rg/a-carta/galicia-por-diante-galicia-por-diante-do-dia-29-11-2023-6328801?t=1861

 

Álbum: Actividades Curso 2023-2024 -> Visita RETEGAL e MUNCYT

25N no Proval

Esta semana no Proval volveuse a realizar actos conmemorativos contra a violencia machista polo 25N.

  • Durante o recreo citáronse relatos daquelas mulleres vítimas durante este ano polo alumnado da materia de Oratoria de 4º da ESO.
  • Realizouse unha cadea humana nas canchas de baloncesto onde participaron tanto alumnado como profesorado.
  • Ao remate alumnas do centro recitaron un manifesto e a continuación celebrouse un minuto de silencio moi emotivo.
  • O alumnado de ESA tamén o celebrou citando máis relatos e gardando outro minuto de silencio por elas.

 

Debaixo deixamos un albúm do día.

 

Álbum: Actividades Curso 2023-2024 -> 25N

Visita a Marine Instruments e Ecoforest

O noso alumnado de 2º de CM de Instalacións de Telecomunicacións e de 2º de CS de Mantemento Electrónico visitaron as empresas de Marine Instruments e de Ecoforest . Visita moi grata e de gran aproveitamento para eles.

 

Álbum: Actividades Curso 2023-2024 -> Visita a Ecofores e Marine Instruments

Visita a Tecnópole, Ourense

O alumnado de 1º de bacharelato B asistiu a aula Newton no parque tecnolóxico de Ourense. A Aula Newton Galicia é unha iniciativa de divulgación científica que Tecnópole promove entre os centros educativos de Secundaria de Galicia.

Ademais fixéronlle unha visita a empresa de compoñentes aeronáuticos Coasa.

 

Álbum: Actividades Curso 2023-2024 -> Parque tecnolóxico de Ourense

Visita ao muse Liste de Antropoloxía en Vigo

As alumnas de 1º de bacharelato A visitaron o Museo de Antropoloxia Liste en Vigo. 

O Museo Liste de Vigo nace a través da Fundación Liste-Museo Etnográfico de Vigo, que recolle o legado de Olimpio Liste Regueiro no eido da etnografía,  a través do que ofrecer una visión globalizadora do patrimonio etnográfico galego.

Debaixo destas liñas móstrase unhas fotos realizadas durante a visita.

 

Álbum: Actividades Curso 2023-2024 -> Visita ao Museo Liste
Distribuir contido


by Dr. Radut