Escolares

Proval nas competicións de robótica

Enviado por iesproval o Mér, 2017-05-03 18:39

Alumnado de Proval participou en varias competicións de Robótica: na Fundación Barrié e na Escola de Enxeñería Industrial. Un equipo foi finalista nesta última competición. Abre este contido para ver as fotos da actividade.

( categories: )

Teatro Grecolatino en Ourense

Enviado por iesproval o Mér, 2017-03-15 11:19

   O pasado 15 de marzo o alumnado de Linguas Clásicas e do Clube de lectura A tiro limpo asistiu en Ourense á representación dunha versión da Medea do traxediógrafo grego Eurípedes, representada polo grupo coruñés El ruiseñor.

 

  Preme aquí para ver as fotos desta xornada.

Día Internacional da Muller

Enviado por iesproval o Ven, 2017-03-10 11:41

Concurso de haikus, concerto, xogo de identificación de mulleres destacadas. Deste xeito visualizamos en Proval o Día Internacionalda Muller.

1º Premio concurso Haikus 2º Premio concurso Haikus

 

 

Proval contra as violencias machistas

Enviado por iesproval o Mar, 2016-12-13 02:24

 

  Unha vez máis todo Proval fixo visible o seu rexeitamento ás violencias machistas. Foi o venres 25 de novembro nun emotivo acto que se viu complementado cunha exposición de láminas coas que se buscou sensibilizarnos ante esta grave problemática.

  Preme na foto para ver máis imaxes deste evento e das láminas elaboradas e colocadas no centro.

( categories: )

Día da música en Proval

Enviado por iesproval o Mar, 2016-12-13 02:10

 

  O pasado martes 22 de novembro celebramos o día da música en Proval cun concerto dirixido pola profesora Paula Carreras e no que participou alumnado de diferentes cursos de ESO e Bacharelato.   

  Pódense ver máis fotos deste evento premendo sobre a foto.

 

 

 

( categories: )

Castañas e cabazas 2016

Enviado por iesproval o Dom, 2016-11-20 23:11

O pasado venres 11 de novembro celebrouse conxuntamente a festa do magosto e do Samaín no IES Escolas Proval. Todo o alumnado do centro puido participar nos  xogos populares, concursos de disfraces, cabazas, contos de medo ou películas de terror. E, por suposto, sen que faltasen as castañas...

  Unha vez máis o esforzo e a ilusión de todo o  alumnado e profesorado fixo posible esta celebración.

   Podedes ver as fotos da xornada pinchando aquí.

( categories: )

Galería de fotos da visita-concerto á ESAD

Enviado por iesproval o Dom, 2016-06-05 23:35

  Está dispoñible a galería de fotos da visita á  Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Vigo o pasado 4 de maio por parte de alumnado de música baixo a supervisión da profesora Paula Carreras.

( categories: )

Galería de fotos do Día da Inmunoloxía

Enviado por iesproval o Mér, 2016-05-25 13:20

 

 Xa está dispoñible a galería de fotos da charla a cargo da Catedrática da Universidade de Vigo África González, responsable do Centro de Investigacións Biomédicas. Celebrouse no marco das actividades do Día Internacional da Inmunoloxía organizadas polo Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía.

 

Semana das Letras Galegas

Enviado por iesproval o Mar, 2016-05-17 22:36

 Manuel María Fernández Teixeiro é o homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

 Dende o IES Escolas Proval unímonos a esta celebración coas seguintes actividades:

  • Mércores 18 de maio (5ª, 6ª sesións): concerto de Arremecághona Monobanda.
  • Xoves 19 de maio (5ª sesión): conferencia de Manuel Núñez Singala: "En galego, por que non?"
  • Venres 20 de maio (6ª sesión): concerto do alumnado do noso IES dirixidos pola profesora Paula Carreras Silva.

 Póde consultarse máis información destas actividades no ficheiro adxunto. Xa está dispoñible a galería de fotos deste evento.

 

Actividades en Proval no día internacional da inmunoloxía.

Enviado por iesproval o Ven, 2016-04-08 09:49

O departamento de bioloxía e xeoloxía do IES Escolas Proval, con motivo do DÍA INTERNACIONAL DA INMUNOLOXÍA ( 29 de Abril de 2016) e en colaboración coa Universidade de Vigo, realizará as seguintes actividades:

•        Charla “ Similitudes entre o sistema nervioso e sistema inmunitario” a cargo da profesora  Africa González Fernández,  catedrática de Inmunoloxía da universidade de Vigo  e directora do Centro de Investigacións  Biomédicas (CINBIO)  o día 26 de Abril de 12:50 a 14:30 dirixida ao alumnado de 3º da ESO e 2º de bacharelato que cursa a materia de bioloxía no laboratorio de ciencias.




•        Elaboración de actividades de formato libre:  redacción, teatro, xogo, vídeo...por parte do alumnado de 3º da ESO. O alumno/a que realice o mellor traballo será premiado co libro " Los misterios del sistema inmunitario" editado por la sociedad española de inmunología  e cedido por el departamento de inmunoloxía da Universidade de Vigo.

Distribuir contido