Iniciar sesión |
Linguas clásicasDepartamento de Linguas Clásicas: profesorado e programacións 2019-20Enviado por iesproval o Mér, 2007-11-28 20:29
No documento adxunto pode consultarse a programación didáctica do curso actual. Tamén está accesible a programación do curso 2016 17 e do curso 2017-18. ( categories: )
Concurso de Fotografía O legado de Roma no BierzoEnviado por iesproval o Sáb, 2018-06-02 10:05
Como actividade complementaria á Saída ás Médulas, os Departamentos de Xeografía e Historia, Bioloxía, Linguas Clásicas e o Clube de Lectura, organizaron un concurso de fotografía sobre o legado de Roma no Bierzo. Selecciona a foto inferior para ver o álbum desta actividade. ( categories: )
III Ludi CompostellaniEnviado por iesproval o Lun, 2018-05-07 11:04
O pasado 25 de abril, alumnado de Cultura Clásica participou nos III Ludi Compostellani. Foi unha xornada con variedade de actividades (gymkana, obradoiros de escritura grega e romana, danza grega,...) organizada por SEEC Galicia e desenvolvida na Facultade de Filoloxía de Santiago. Selecciona a foto inferior para ver o álbum completo desta actividade. ( categories: )
Cumpleanos de RomaEnviado por iesproval o Lun, 2018-05-07 10:50
Coincidindo co cumpleanos de Roma, o Departamento de Linguas Clásicas organizou un concurso de cociña grega e romana. Seleccionando a foto inferior pódese ver o álbum desta actividade ( categories: )
Alumnado de Proval en RomaEnviado por iesproval o Lun, 2018-05-07 10:43
Entre o 9 e o 13 de abril, alumnado de Bacharelato viaxou a Roma, acompañado polas profesoras Isabel Álvarez e Pilar Gil, nunha actividade organizada polo Departamento de Linguas Clásicas. Selecciona a foto inferior para ver todo o álbum desta actividade. ( categories: )
Teatro Grecolatino en OurenseEnviado por iesproval o Mér, 2017-03-15 10:19
O pasado 15 de marzo o alumnado de Linguas Clásicas e do Clube de lectura A tiro limpo asistiu en Ourense á representación dunha versión da Medea do traxediógrafo grego Eurípedes, representada polo grupo coruñés El ruiseñor. Preme aquí para ver as fotos desta xornada. ( categories: )
Pompeia, catástrofe debaixo do VesubioEnviado por iesproval o Sáb, 2016-06-25 17:09
24 de agosto do ano 79 dC. O Vesubio entra en erupción e a lava soterra Pompeia. ¿Queres coñecer como era a vida en Pompeia nese momento? Descúbreo na nosa bibloteca ou neste percorrido fotográfico. Pompeia, catástrofe debaixo do Vesubio: unha exposición organizada polo Clube de lectura A tiro limpo coa colaboración de alumnado de Xeografía e Historia de 1º de ESO e Linguas Clásicas de 1º Bacharelato. ( categories: )
Natale di RomaEnviado por iesproval o Mar, 2016-05-03 00:23
O pasado 21 de abril cumplíronse os 2769 anos da fundación de Roma.
E para celebralo, dende o departamento de linguas clásicas organizaouse unha degustación de productos clásicos da gastronomía de Roma. Aqui pode verse unha escolma dos mellores productos que elaboraron alumnos de bacharelato e que poido degustar toda a comunidade educativa.
( categories: )
Edipo ReiEnviado por iesproval o Ven, 2016-04-29 11:32
Edipo Rei de Sofocles. A terrible e triste historia dun home, pai e irmán dos seus propios fillos, fillo e esposo da mesma muller, que descobre que matou ao seu pai. Unha auténtica traxedia grega á que, no marco das Xornadas de Teatro Grecolatino organizadas pola Sociedade Española de Estudios Clásicos, asistiron 49 alumnos de 4º ESO e 1º, 2º de Bacharelato de Humanidades. Foi o 11 de abil no Auditorio de Ourense. Neste enlace pode consultarse a galería fotográfica deste envento. ( categories: )
Programación do departamento 2015-16Enviado por iesproval o Mar, 2016-01-12 16:42
Pode consultarse a programación do departamento no arquivo adxunto. ( categories: )
![]() |
Eventos
|