Skip to Content

Proxecto RRR

Proxecto Recursos, Resíduos, Responsabilidade. Traballamos co obxectivo xeral de coidar o medio a partir da toma de conciencia da nosa incidencia sobre el.

Recuperando o monte Galiñeiro

  Alumnado de 2º ESO saiu por quinto ano consecutivo ao monte comunal para plantar árbores autóctanas. Maioritaiamente carballos que, cada ano, o alumnado de 1º de ESO cultiva a partir de sementes recollidas na proximidade. Unha vez xermolan, cóidanse durante un ano para, no curso seguinte, trasplantalas no monte

  Este ano colaboramos coa Mancomunidade de Montes de Vincios e é continuidade dunha saída realizada a comenzo de curso para arrincar os eucaliptos que agromaron no Galiñeiro tras os incendios.

  Esta actividade está organizada dentro do proxecto de centro RRR-Recursos, Residuos, Responsabilidade. Selecciona a foto inferior para ver o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> RecuperacionMonteGaliñeiro

Coñecendo a depuradora de Gondomar

O alumnado de 1º de ESO visitou a depuradora de Gondomar co obxecto de aplicar os seus coñecementos sobre a depuración de augas e a contaminación das mesmas.

 Foi unha actividade organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega no marco do Proxecto RRR, que busca a toma de conciencia das consecuencias dos nosos hábitos da vida cotiá sobre o medio natural.

  Premendo a foto inferior pode visualizarse o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> DepuradoraGondomar

Plantación de árbores autóctonas no Monte Comunal de Couso

   Como en anos anteriores, o IES Escolas Proval colabora na reforestación con árbores autóctonas (carballo, loureiro, castiñeiro, acivro) no monte veciñal en mancomún, neste caso coa Comunidade de Montes de Couso que, como en anteriores ocasións, nos ofrece o seu espazo.

   Nas fotos podemos ver ao alumnado de 2º de ESO plantando árbores, no monte do Facho, en Gondomar. E tamén podemos ver ao alumnado de 1º de ESO que está a facer o viveiro, a partir de landras e castañas recollidas este ano, para poder sementar o curso que ven as arboriñas xa crecidas.

  Organizamos esta actividade dende o proxecto RRR que ten como obxectivo xeral o coidado do medio a partir da toma de conciencia da nosa incidencia nel.

Preme na foto inferior para ver o álbum desta actividade.

 

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> PlantacionCouso
Distribuir contido


by Dr. Radut