Curso 2008-09

Entrevista a Séchu Sende

Enviado por iesproval o Ven, 2009-01-23 19:29

Entrevista a Séchu SendeO 17 de novembro estivo no instituto Séchu Sende para falarnos do seu libro Made in Galiza e para motivarnos a falar galego.
Despois de escoitalo, de ler e comentar con el algúns relatos da obra, as alumnas de 1º de bacharelato Miriam Veiro e Raquel Táboas, fixéronlle unha interesante entrevista.

( categories: )

Cantigas, 3º de ESO

Enviado por iesproval o Ven, 2008-12-12 18:56

salterio

OBRADOIRO DE CANTIGAS DE AMIGO

Os alumnos e as alumnas de 3º B da ESO deixaron por un día o hip hop,o reggeton e outros estilos urbanitas e convertéronse en xograres medievais. Imitando a súa arte, tal Martin Codax ou Meendinho, compuxeron cantigas de amigo ao máis fiel estilo trovadoresco. Refráns, paralelismos, leixaréns, dobres, mordobres… non houbo segredos para eles. Velaí vai unha pequena escolma.

CANTIGAS A ESGALLA

As cantigas que abaixo mostrar-se han

é boa proba do que en 3º da ESO fan.

E son trovadores!

Mostrar-se han aquí cantigas a esgalha

como proba de librar tan dura batalha.

E son trovadoras!

Boa proba do que 3ºda ESO fai

é esta arte de trovar tan guay.

E son trovadores!

Proba é esta de librar dura batalha

co paralelismo e leixaprén e outra xentalha.

E son trovadoras!

 

Os traballos dos alumnos e alumnas de 3º pódense ver nas Galerías dos Departamentos


 

Curso 2008-2009

Enviado por iesproval o Xov, 2008-09-18 23:38

A presentación do curso 2008-2009 para os alumnos e alumnas da ESO e do bacharelato é o xoves, 18 de setembro ás 8.45 h. (ESO) e ás 12.50 h. (bacharelato). O venres, 19 comezan ás clases normais.

Os Ciclos Formativos de FP teñen a presentación o próximo xoves, 25 as 10.40 h. As clases normais comezan o venres, 26.

Os cursos da EPA e os Ciclos Formativos de nocturno teñen a presentación o xoves, 26 ás 19.15 h. O comezo das clases será o luns, 29.

 

Relatos colectivos de 3º B da ESO

Enviado por iesproval o Ven, 2008-02-08 21:22

Simpáticos e sorprendentes relatos realizados de forma colectiva polos alumnos e alumnas de 3º B. Pódense ver no Departamento de Lingua Española ou acceder dende aquí.

( categories: )
Distribuir contido