Curso 2008-09

Homenaxe a Carme Muras

Enviado por iesproval o Ven, 2009-11-27 16:39
Portada caderno homaxe carme muras
O venres, 27 de novembro tivo lugar no ximnasio do Centro un sinxelo e ao tempo emotivo acto de homenaxe á compañeira Carme Muras, profesora de Lingua Galega que nos deixou no pasado verán. O acto consistiu na interpretación dunha peza musical e na lectura de cartas e poemas, dedicados a Carme, por un grupo dos seus antigos alumnos e alumnas. Ao remate, familiares de Carme tiveron unhas palabras de agradecemento. Como arquivo adxunto a esta nota vai un caderno (pdf) no que se recollen os traballos feitos polos rapaces para recordar á súa profesora.
( categories: )

Carta ao Conselleiro de Educación

Enviado por iesproval o Mar, 2009-06-23 14:17

Carta dunha alumna de 1º de Bacharelato de Ciencias Sociais ao Conselleiro de Educación amosando a súa disconformidade coa enquisa da súa Consellería sobre o emprego da Lingua Galega como lingua de aprendizaxe. A publicación desta carta obedece a un acordo unánime do Claustro de profesores celebrado o pasado martes, 14 de xuño.

 

Sr. Conselleiro de Educación:

Son unha alumna de 1º de Bacharelato do IEs Escolas Proval que quere manifestar o seu dereito a expresarse e a dicirlle algunas cousas:

1.- Que lle escribo no meu nome, sen estar influenciada nin polos meus profesores, nin amigos, nin familiares.

2.- Que aínda que escribo en galego, a miña vida normal desenvólvese en castelán, a lingua na que me educaron, aínda que meus pais entre eles ás veces falan en castelán e ás veces en galego.

3.- Que todo isto das enquisas paréceme un disparate sen ningún sentido. Ao único que nos vai levar é a un enfrontamento orixinado pola obriga a ter que posicionarno nunha das dúas opcións; é como se a un neno o obrigasen a elixir entre a súa nai e o seu pai e respondese que os quere por igual. O mesmo pasa coas linguas de Galicia, se somos bilingües, as dúas teñen que ter as mesmas oportunidades e falarse nos mesmos sitios.

4.- Ademais quero dicirlle que a escola é hoxe en día case o único lugar, polo menos eu así o vexo, onde moitos rapaces, a gran maioría, teñen contacto co galego. Se vostede vai ao Centro Comercial da Ramallosa, ao cine, á discoteca…case toda a vida social dos adolescentes se desenvolve prácticamente en castelán. Estamos en Nigrán, como podíamos estar en Ciudad Real ou en Cáceres, soamente na escola sabemos que estamos nun instituto de Galicia, onde nos sentimos galegos, onde podemos falar sen prexuízos, onde non parece que falemos nunha lingua infravalorada, e créame señor Conselleiro, iso soamente se consegue, como dicía castelao, por obra e gracia do idioma.

Miriam Veiro

1º Bacharelato Humanidades. IES ESCOLAS PROVAL

NIGRÁN

 

 

 

 

Cine e emigración

Enviado por iesproval o Ven, 2009-06-19 16:29
Programa cine e emigración

Na semana do luns 22 ao venres 26 de maio e como introducción ao congreso de "Emigración e Educación" haberá proxeccións diarias de cine ao aire libre no claustro do edificio vello do noso instituto. Como arquivo adxunto pódese baixar o programa de "Cine e Emigración"

( categories: )

Congreso Emigración e Educación

Enviado por iesproval o Dom, 2009-06-14 17:31

 

triptico centenario proval

Neste enlace pode consultarse toda a información do Congreso Emigración e Educación (1900-1936). I Centenario das Escolas da Unión Hispano-Americana Valle Miñor (1909-2009) a celebrar neste IES entre o 29 de xuño e o 3 de xullo.

 Actividade recoñecida cun crédito de libre configuración polas Universidades de Vigo, A Coruña e Santiago. Certificación de 30 horas como méritos para oposicións.

 

( categories: )

Curro de Mougás

Enviado por iesproval o Dom, 2009-06-14 13:47

Curro de Mougás 2009Sabemos que no noso centro hai moitos seguidores dos curros. Aquí tedes un fermoso albúm do de Mougás

( categories: )

Rafting no Miño e concerto no Juan María

Enviado por iesproval o Ven, 2009-06-05 23:00

Rafting no MiñoO día 2 de xuño  2010 os alumnos de música de 1º e 2º de bacharelato, acompañados por seis alumnos de 4º ESO, fixeron unha actuación musical no Colexio de Educ. Especial Juan María de Nigrán. A xornada foi moi especial, pois ademais de tocar tratábase de que os alumnos dos dous centros convivíran e compartíran unhas horas e experiencias. Os alumnos do Juan María representaron unha obra de teatro e ao remate alumnos e profesores dos dous centros, acompañados polo alcalde de Nigrán Efrén Juanes e as concelleiras de xuventude Puri  e de educación Estela, compartimos uns pinchos e unhas bebidas en alegre armonía.

O mércores 3 de xuño os alumnos de 2º e 3º da ESO fixeron unha saída didáctica programada polo seminario de Educación Física. A saída consistiú nunha actividade de Carreira  de Orientación e un descenso do Miño facendo Rafting.
O día estivo bo,  e todos gozamos da natureza e da fermosura do río Miño e a emoción do descenso nas balsas neumáticas.

Dia das Letras Galegas en Proval

Enviado por iesproval o Lun, 2009-05-18 14:15

O venres, 15 de maio para commemorar o día das letras galegas, celebráronse varios actos no IES Escolas Proval. Ás 11,30 h. un concerto dos alumnos de música do 2º curso de  bacharelato do IES Auga da Laxe. Ás 12,50 h. unha actuación do director teatral e narrador de historias, Quico Cadaval que perante unha hora e media explicou e contou, dun  xeito moi ameno e ilustrativo, as orixes dos contos populares e a  nosa tradición da narración oral. Previamente, Elba e Eva, alumnas de 4º da Eso fixeronlle unha entrevista para por na nosa páxina webb.
Os alumnos e profesores asistentes aos actos saíron moi satisfeitos despois dunha mañán moi completa de formación e diversión.

 

( categories: )

Fotos da Semana da Ciencia 2008-2009

Enviado por iesproval o Lun, 2009-05-11 12:31

Semana da CienciaNa sección Galerías xa se poden ver algunhas fotos das actividades da Semana da Ciencia.

Fallo do Concurso de Fotografía e Debuxo

Enviado por iesproval o Ven, 2009-03-13 16:11

Traballo diario

Esta é a foto premiada no concurso de  fotografía e debuxo sobre o tema "A muller e o traballo". O seu título é "O traballo diario" e as autoras son Anabel e Raquel, de 4º da ESO. Parabéns.

O xurado decidíu dar dous accésit ás fotos "Igualdade nas túas mans"  de Marta e Aurora, 3º de ESO e "Traballando xuntos" de Diego Carneiro, 4º  da ESO. Noraboa tamén para estes alumnos e alumnas. 

Distribuir contido