Skip to Content

Curso 2009-10

Novidade: Extensión da EOI de Vigo (inglés) en Proval para o curso 2010-2011

Para este próximo curso 2010-2011 comeza a funcionar no IES Escolas Proval unha Extensión da EOI de Vigo que vai impartir Inglés Básico 1, Básico 2 e Intermedio 1.

Para máis información dirixirse á EOI de Vigo, tlfn. 986 260210 ou consultar na web http://www.eoidevigo.org/

Agasallo musical a Concha Macías e Cristina Ruibal

 

Co gallo da próxima xubilación das profesoras de Matemáticas Cristina Ruibal e Concha Macías, os alumnos e alumnas de 4º ESO agasalláronas (por sorpresa) coa interpretación de dúas pezas musicais, Quimera e Miraxe, dirixidos pola profesora de Música Paula Carreras, autora da letra e música de ambas cancións.

O acto (ver breve galería de fotos) tivo lugar durante o recreo do mércores 16 de xuño.

 

agasallo musical cm e cr pola xubilacion

 

 

Calendario do campionato de Futbol Sala

Arquivo pdf adxunto co calendario do campionato de Futbol Sala

Distribuir contido


by Dr. Radut