Curso 2012-13

Décimo aniversario da catástrofe do "Prestige"

Enviado por iesproval o Mér, 2012-11-14 10:09

Semana de actividades no IES Escolas Proval con motivo do décimo aniversario da catástrofe do Prestige

o prestige afundindoNa semana do 12 ao 16 de novembro terán lugar no noso instituto unha serie de actividades para alzar a nosa voz, unánime e solidaria, contra a inxustiza, contra a negra sombra á que nos someteron os gobernantes de Galicia e de España coa súa xestión infame e irresponsable, contra a ineficacia e indolencia dunha xustiza que tarda dez anos en xulgar aos acusados do delito.

Tamén, falando en positivo, esta semana servirá para render homenaxe a todos os que promoveron e asinaron o manifesto Nunca Máis, aos que constituíron a plataforma Burla Negra, aos que difundiron por internet a verdade que outros negaban, aos voluntarios e voluntarias que colleron o petate e se lanzaron aos camiños para axudar, aos profesionais e aos funcionarios que aportaron o seu saber e supliron a desidia do malgoberno, tamén aos que só foron quen de chorar e ficar abraiados, inmóbiles e tristes. Para todos e todas, queremos que as actividades que imos desenvolver esta semana sexan a máis grande das apertas.

Actividades:

Toda a semana

Exposición de titulares de xornais relativos á catástrofe, durante estes dez anos.

Nos recreos

Sesións de música . Proxeccións de diapositivas sobre as mobilizacións do noso alumnado nos días da catástrofe.

Martes, 13 e venres, 16 de 10,40 a 12,20

Conferencia “O Prestige dez anos despois” a cargo do relator Alfredo López (presidente do CEMMA)

Recitado de poemas organizado polo Departamento de Galego (de 12.20 a 12.50)

Xoves, 15 de 10,40 a 12,20

Conferencia “Contaminación mariña por hidrocarburos” a cargo da relatora Lucía Viñas (Química, investigadora do Instituto Español de Oceanografía)

( categories: )

Adeus a Pili

Enviado por iesproval o Ven, 2012-11-09 12:57

Foto de PiliLembramos con cariño á nosa compañeira Pilar Rodríguez Mourelo, que nos deixou o sábado 23 de novembro.

O teu sorriso nos acompañará sempre

Presentación dos libros "Os Músicos do Val Miñor"

Enviado por iesproval o Lun, 2012-10-22 22:50

invitacion mini musicos val minhorOrganizado polo Centro Juan María e o IES Escolas Proval, o próximo venres, 26 de outubro, ás 19 h., no auditorio de Nigrán terá lugar a presentación dos libros "Os Músicos do Val Miñor" obra de teatro musical de Paula Carreras Silva, en tres versións, orixinal e adaptada ás discapacidades intelectual e visual, que mereceu o premio CreArte 2011

No acto intervirán Xosé Neira Cruz, profesor da Facultade de Xornalismo da USC, xestor cultural e autor destacado da literatura infantil, Paula Carreras Silva, Isabel Alonso Abalde e dous alumnos dos centros.

( categories: )

Concursos: fotografía matemática e papiroflexia

Enviado por iesproval o Lun, 2011-05-02 09:42

Adxuntas bases dos concursos de Fotografía Matemática e de Papiroflexia

Album das fotos matemáticas

Album das fotos de papiroflexia

( categories: )
Distribuir contido