Skip to Content

Curso 2014-15

ExpoElectrónica Proval (3 de Xuño)

ExpoElectrónica Proval é unha xornada de portas abertas onde podes ver os proxectos que se desenvolven nos ciclos formativos de Electrónica  do IES Escolas Proval.

A xornada está especialmente organizada para pais, fillos e calquera familiar ou amigo que queira coñecer o tipo de formación que se imparte no centro. Da man dos propios profesores e alumnos, coñecerás todas as vantaxes profesionais que ofrecen os nosos ciclos de FP aos alumnos.

 ExpoElectrónica Proval

Mais imaxes clicando aquí

Enlaces a reseñas en xornáis:

La Voz de Galicia

Faro de Vigo

SEMANA MUNDIAL DA INMUNIZACIÓN (24-30 ABRIL)

O Gupo de  investigación de inmunoloxía da Universadade de Vigo, en colaboración coa Sociedad Española de  Inmunología (SEI), convoca un concurso de traballos sobre a importancia das vacunas hoxe en día.

O alumnado de 3º ESO na materia de Bioloxía e Xeoloxía foi convidado a participar , con actividades de formato libre.

día inmunoloxía

 Neste link podedes ver a publicación das vosas actividades, moitas gracias pola vosa colaboración: Actividades 3º ESO Proval

 

Mais información

 

Gran campionato de ping-pong Escolas Proval Abril 2015

Os alumnos Javier Alborés e Jesús Herranz de PCPI-B disputaron a gran final do campionato de ping-pong abril de 2015. O gañador do evento foi Jesús Herranz nun disputadísimo partido a tres xogos.

 

O campionato foi promovido e xestionado polos propios alumnos. As mesas preto da cafetería no recreo foi o punto de encontro para a disputa deste campionato.

Concerto de Ses

O venres 13 de Marzo actuou en Escolas Proval Ses: "Rockeira con alma de pandereta, muller e galega".

A artista, xunto co guitarrista Tito Calviño, ofreceu un concerto impactante, no que disfrutamos da súa enorme capacidade de comunicación co alumnado. Foi unha demostración de profesionalidade, entrega, humor e canto á solidaridade e a liberdade.

Accede ás imaxes do concerto clicando aquí

Entroido 2015

 

Cartaz entroido 15

  cartel entr 15

O venres 13 de febreiro Escolas Proval volveu a vivir, un ano mais, un Entroido cheo de cores e festa, gracias ao esforzo e a imaxinación de todos os participantes.

Accede as imaxes do Entroido 2015 premendo aquí

Accede aos cartaces de Entroido feitos en clase de Plástica, en 1º da ESO, clicando aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut