Skip to Content

Curso 2015-16

Galería de fotos do Día da Inmunoloxía

 

 Xa está dispoñible a galería de fotos da charla a cargo da Catedrática da Universidade de Vigo África González, responsable do Centro de Investigacións Biomédicas. Celebrouse no marco das actividades do Día Internacional da Inmunoloxía organizadas polo Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía.

 

Semana das Letras Galegas

 Manuel María Fernández Teixeiro é o homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

 Dende o IES Escolas Proval unímonos a esta celebración coas seguintes actividades:

  • Mércores 18 de maio (5ª, 6ª sesións): concerto de Arremecághona Monobanda.
  • Xoves 19 de maio (5ª sesión): conferencia de Manuel Núñez Singala: "En galego, por que non?"
  • Venres 20 de maio (6ª sesión): concerto do alumnado do noso IES dirixidos pola profesora Paula Carreras Silva.

 Póde consultarse máis información destas actividades no ficheiro adxunto. Xa está dispoñible a galería de fotos deste evento.

 

Natale di Roma

 

  O pasado 21 de abril cumplíronse os 2769 anos da fundación de Roma.

 

   E para celebralo, dende o departamento de linguas clásicas organizaouse unha degustación de productos clásicos da gastronomía de Roma. Aqui pode verse unha escolma dos mellores productos que elaboraron alumnos de bacharelato e que poido degustar toda a comunidade educativa.

 

 

 

Edipo Rei

Edipo Rei de Sofocles. A terrible e triste historia dun home, pai e irmán dos seus propios fillos, fillo e esposo da mesma muller, que descobre que matou ao seu pai.

 

Unha auténtica traxedia grega á que, no marco das Xornadas de Teatro Grecolatino organizadas pola Sociedade Española de Estudios Clásicos, asistiron 49 alumnos de 4º ESO e 1º, 2º de Bacharelato de Humanidades. Foi o 11 de abil no Auditorio de Ourense.

 Neste enlace pode consultarse a galería fotográfica deste envento.

Gañadores do torneo de Hóckey

  Rematado o torneo de hockey. que se desenvolveu durante os segundos recreos, resultou gañador o equipo Seco Nuggets. Pode consultarse a clasificación no documento adxunto.

  Trátase dunha actividade que, organizada e coordinada polo Departamento de Educación Física, busca dinamizar o recreo para aumentar a actividade física deportiva, potenciar o desenvolvemento das relacións interpersoais e da educación en valores así como motivar ao alumnado na realización de actividade física.Todo eso encadrado nun proxecto global de promoción de estilos de vida saúdables que se realiza no centro e que inclúe, entre outras accións, outras competicións deportivas ou as Semanas  da Froita.

Distribuir contido


by Dr. Radut