Consulta en liña

Como consultar que libros hai na biblioteca

Enviado por iesproval o Mér, 2008-02-27 17:52

Xa se poden consultar a través da web que libros e publicacións hai na biblioteca do Centro. Se prememos en Biblioteca, menú superior desta páxina, entramos na web da Rede de Bibliotecas de Galicia (RBG), que nos dá acceso aos fondos das bibliotecas galegas.

Por defecto entramos na biblioteca do IES Escolas Proval pero a través do menú lateral podemos acceder a calquera das bibliotecas escolares ou municipais de Galicia. No menú superior da páxina da RBG hai unha axuda que explica claramente como facer consultas e solicitar préstamos.

A partires de agora non valen desculpas para non ler. Só nas bibliotecas do Val Miñor temos miles de títulos á nosa disposición.

( categories: )
Distribuir contido