Skip to Content

Horario módulos de Electrónica (nocturno) 2022-23

Poden ver o calendario de módulos de electrónica para nocturno premendo na seguinte ligazón. 

Horario ciclos adultos de Xestión Administrativa 2022-23

Poden consultar o horario del próximo curso de ciclos adultos de Xestión Administrativa premendo na seguite ligazón.

Poemas gañadores no III Certame Beatriz da Serra

Co gallo do Día da Poesía presentamos o III Certame de poesía Beatriz da Serra. Alégranos saber que cada vez somos máis os centros implicados neste proxecto promovido polos equipos de dinamización da lingua galega; así, nesta III edición, alén do noso insitituto, do IES Plurilingüe Terra de Turonio e do CEIP Carlos Casares, contamos tamén co IES Primeiro de Marzo, CEIP Plurilingüe Chano Piñeiro, CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios, ademais da colaboración dos concellos de Gondomar, Nigrán e Baiona.
Este concurso de micropoesía vai dirirxido a todo o alumnado dos centros educativos do Val Miñor. Son tres as categorias:
  • A: alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria
  • B: alumnado de 1º, 2º, 3º ESO e FPB
  • C: Alumnado de 4º ESO, 1º, 2º bacharelato e ciclos formativos.

Cómpre compor un poema de entre 3 e 8 versos para poder optar aos seguintes premios por categoría:

 
1º premio: dúas antoloxías poéticas das voces máis novas, certificación acreditativa, unha peza cerámica conmemorativa de Antón Román e mais dez exemplares do libro do certame.
2º premio: dúas antoloxías poéticas das voces máis novas, certificación acreditativa e mais dez exemplares do libro do certame.
 
 
 
Poden ver os poemas gañadores premendo na seguinte ligazón. Noraboa a todas e todos os participantes e parabéns ás nosas alumnas por obteren a mención do xurado na categoría B:
Elena Taboada Fernández (1º ESO) co poema "Mentres o sol"Adriana Grandal Alonso (1º ESO)  co poema "A chuvia"Tania Pereira Montoya (3º ESO) co poema "Aturuxo".
 
 

Cualificación probas libres para obter o título de Técnico en Xestión Administrativa

Poden comprobar as cualificacións das probas libres 2021-22 para a obtención do título de Técnico en Xestión Administrtiva (CMADG01) premendo na seguinte ligazón 

Paradas de bus 2022-23

Poden ver as paradas de bus escolar para o curso que vén, así como percorridos e horas de saída, premendo na seguinte ligazón.

Distribuir contido


by Dr. Radut