O magosto 2012 e o Samaín xuntos

Enviado por iesproval o Ven, 2012-11-30 13:09

O pasado venres 23 os alumnos de Escolas Proval participaron na festa do magosto xunto co Samaín.

Os alumnos de 4º da ESO asaron as castañas, e venderon comida caseira para a excursión. Tamen prepararon a casa do terro, coa profesora de música Paula Carreras.Todos os alumnos da ESO accederon a ela logo de superar varias probas (carreira de sacos, xogo do pano, tres pés, adiviñas...) para completar o salvoconducto.

Despois disfrutamos da actuación de tres danzas: Baile da Santa Compaña de 2º da ESO coa profesora Anxeles Bouzó, Heavy metal polos zombis de 4º da ESO con Paula Carreras, e por último Giga macabra bailada polos alumnos "Esqueletos" de 3º da ESO e a profesora Natalia Regueiro, e a interpreción musical polos alumnos de 1º de Bacharelato, dirixidos por Paula Carreras.

Ao final tiveron lugar as entregas de premios ó mellor deseño para a camisola e ós mellores postres.

( categories: )