Skip to Content

Dia Solar Europeo 2011

00/00/
Array

Este ano celébrase a IV Edición do Día Solar Europeo do 9 ó 15 de maio. Haberá eventos relacionados coa enerxía solar en 17 países, o noso centro participará coas seguintes actividades:

 

1) Curso de formación do profesorado “Aplicacións tradicionais e innovadoras da enerxía solar”

Este curso, que está organizado polo CEFORE (Centro de Formación e Recursos) de Vigo, impartirase no noso centro do 6 de maio ó 4 de xuño. No curso abordaránse diferentes temas relacionados coa enerxía solar, arquitectura bioclimática, cociña solar, vehículos eléctricos e didáctica das enerxías renovables. O curso será impartido por persoal do centro e contará coa colaboración de diversos expertos externos.

 

2) “Taller de iluminación eficiente”

Esta actividade consistirá na experimentación con diferentes tipos de lámpadas con diodos led e a súa montaxe en forma de paneis explicativos para formar unha pequena exposición. Os paneis elaborados exporánse na Semana das Ciencias a celebrar no instituto durante o mes de abril.

 

3) “Taller de construción de fornos solares de tipo caixa”

Esta actividade consistirá na montaxe de fornos solares elaborados con materiais de baixo custo como caixas de cartón, papel aluminio e cuberta de vidro ou plástico.

 

4) “Construción dun forno solar con tubos de baleiro”

Esta actividade consistirá na montaxe dun forno solar que utiliza tubos de baleiro de tipo heat-pipe como elemento de captación de radiación. Este tipo de forno non precisa reorientación (como sucede cos sistemas de concentración) o que permite a súa fácil integración arquitectónica e podería convertirse nun elemento cotián nas vivendas do futuro.

 

5) “Enerxía solar e auga: pasteurización e destilación solar”

Esta actividade consistirá unha charla explicativa sobre a problemática da agua potable no mundo e cómo pode axudar a solucionala a enerxía solar a través de dúas técnicas: a pasteurización e a destilación solar. A continuación comenzará un taller de construción e utilización de ambos dispositivos (no caso da pasteurización empregaránse os fornos elaborados nas actividades anteriores ou cociñas solares de tipo panel con trampa de calor e se verificará que acada a temperatura precisa mediante termómetro ou cun dispositivo indicador específico como o WAPI de Solar Cookers).

 

Estas actividades realizaránse ó longo dos meses de abril e maio en datas a determinar, tratando de concentralas nas datas de celebración do Día Solar Europeo (9-15 de maio). Como complemento se repetirá algunha das actividades de edicións anteriores, como o obradoiro de “fotosaltóns”, as experiencias de cociña ou outras.

Máis información en: http://www.diasolar.es

AdxuntoTamaño
dia_solar_europeo_2011_proval_preliminar_galego.pdf43.95 KB


story | by Dr. Radut