Skip to Content

Sitios con recursos para aprender e mellorar o inglés

 

WordReference

Diccionario claro e visualmente atractivo. Baséase en:

  • Pocket Spanish Dictionary Oxford-Hachette
  • Espasa Concise Dictionary

Pronunciar inglés:

Consellos, vídeos e exercicios para mellorar a pronunciación.

ESL Vídeo:

Aloxamento de vídeos como YouTube pero con subtítulos en varios idiomas. Tamén conta con ferramentas para subtitular calquera dos vídeos existentes ou os que nós queiramos subir. Ten moitos vídeos en inglés con cuestionarios para comprobar o que entendemos.

Yappr:

Videos en inglés pausado transcritos simultáneamente en inglés e castelán. Permite grabar frases en inglés e comprobar a pronunciación.

Englishmeeting:

Sitio estupendo e supersimpático para aprender a pronunciar os sons difíciles en inglés.

El blog para aprender inglés:

Consellos, método de traballo, aclaración de dúbidas aparte de leccións de gramática, vocabulario, exercicios, listening e moito máis. Paréceme unha páxina moi boa.

Learn american english online:

Sitio americano con leccións en sete niveis que inclúe vídeos de absolutamente todo. É dun tipo moi curioso que di que non cobra por ensinar porque xa se considera pago coa publicidade da páxina.

LEO Network:

Páxina ampla, exercicios, gramática, ditados, listenings..., de todo.

La Mansión del Inglés:

Clásico. Material hiperabundante.

Saber inglés:

Páxina arxentina con exercicios de todo tipo, estilo La Mansión del inglés.

English page:

visualmente moi boa, do mellor. Non afondei moito nos contidos pero o menú ten enlaces a moito material, vocabularios, dicionarios, lecturas para diferentes niveis, etc.

BBC Learning English:

A calidade habitual da BBC: materiais de todo tipo para alumnos e profesores.



page | by Dr. Radut