Skip to Content

Xustificación e presentación

Neste ano 2009 celébrase o centenario da inauguración da escola creada pola Unión Hispano-Americana Valle Miñor e que a día de hoxe sigue en funcionamento co nome de IES Escolas Proval.

  Foi esta escola o fruto dunha intensa labor desenvolvida pola  Unión Hipano Americana Pro Valle Miñor, unha sociedade de emigrantes constituída en Buenos Aires en 1905 e que perseguía, entre outros obxectivos, a creación de centros de educación e instrucción xeral, escolas prácticas de artes e oficios, campos de experimentación agrícola, clases nocturnas para adultos, bibliotecas populares, museos de obxectos hispanoamericanos ou conferencias de divulgación científica.

   Tendo en conta o que esta data supón para o noso centro, que cen anos despois sigue en funcionamento comprometido coa educación no Val Miñor. 

 Considerando a relevancia que tivo en Galicia a intervención educativa tanto desta como doutras sociedades creadas polos emigrantes a América durante o primeiro terzo do pasado século XX.

 Considerando a atención que a este fenómeno lle prestaron numerosos estudosos e estudosas (Alfonso Magariños, Xosé Manuel Núñez Seixas, Xosé Manuel Cid Fernández, Fernando Blanco, Ana Cabana, Narciso de Gabriel, X. Amancio Liñares Guiraut, Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez, e xa centrados na sociedade Unión hispanoamericana Valle Miñor, Antón Costa Rico, M Carmen Pereira Domínguez, Xosé M. Malheiro)

O IES Escolas Proval, conxuntamente co Instituto de Estudios Miñoranos (IEM) e o Arquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega organiza un Congreso no Val Miñor contando coa colaboración das universidades de Santiago, Vigo e A Coruña,o MUPEGA.  Co apoio e aportación económica dos concellos de Nigrán, Baiona e Gondomar, a Mancomunidade do Val Miñor e a  Deputación de Pontevedra.

 Coa participación de expertos nos diferentes temas que conforman o programa a desenvolver. E coa integración de profesorado e alumnado do IES Escolas Proval no desenvolvemento da actividade a través da exhibición de material elaborado, colaboración na organización, deseño de cartelería ou concertos de música e recitais de poesía.



book | by Dr. Radut