Skip to Content

Semana Solar

20/05/2009 10:30
20/05/2009 14:30
Europe/Madrid

DÍA 20 de maio:

Obradoiro-Concurso de construcción de pequenos xoguetes fotovoltaicos. Cada xoguete incorporará un kit fotovoltaico composto de célula solar e micromotor. O obradoiro estará formado por dúas actividades:
- CONSTRUCCIÓN GUIADA: nesta modalidade os participantes montarán un ou varios modelos preestablecidos, para o que disporán dun manual de instruccións e a axuda dos monitores.
- CONCURSO DE INVENTOS: cada participante ou equipo recibe o kit de célula solar e micromotor e ten que deseñar e construir o seu propio modelo de xoguete empregando materiais de libre elección (madeira, corcho, plástico), contando co asesoramiento dos monitores. Haberá premios para os mellores deseños.
Este obradoiro está dirixido a alumnos de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos e será necesaria a inscrición previa.
O horario do obradoiro será de 10:30 a 12:30 horas, ó remate faráse unha exposición dos materiales elaborados, que pasarán logo a propiedade dos autores.



event | by Dr. Radut