VISITA PROFESORADO HÚNGARO
Durante esta segunda semana de clase o IES Escolas Proval recibiu a visita de profesorado Húngaro. Cinco profesores pertencentes á escola KSZC Ványai Ambrus Technikum, e que representaban a oito escolas da rexión de Karcag en Hungría, cun volume de alumnado de preto de 3000 estudantes.
A visita tiña como obxectivo realizar unha actividade de Job-shadowing, englobada dentro das posibles a realizar mediante o Programa Erasmus. Durante esta visita de 4 días de duración, o profesorado húngaro familiarizouse co sistema educativo español, centrándose na Formación Profesional, integrándose nas aulas do noso centro. Ademáis organizáronse visitas ó centro IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra, onde tiveron a oportunidade de visitar os talleres da familia de perruquería e estética, así como os laboratorios da rama de sanitaria e da rama de mecanizado. Tamén se contou coa colaboración da empresa Ecoforest, onde os docentes tiveron a oportunidade de coñecer a empresa emplazada no Porto do Molle, líder tecnolóxico no sector da calefacción.
Profesores na entrada do IES Escolas Proval. (de esquerda a dereita) György Moldovan, Pilar Piay, Janka Kisné, Ildikó Kun, Chus Ben, Ida Ernesztné , Nikolett Taács.
Profesores na empresa Ecoforest coa responsable de recursos humanos Paula Moreira.
Visita ó IES Frei Martín Sarmiento coa actual directora e o coordinador Erasmus.