Skip to Content

COMUNICADO ANTE O ATAQUE Á PANCARTA DO 28 DE XUÑO

A Comunidade Educativa do IES Escolas Proval quere denunciar o ataque contra a pancarta en defensa das liberdades e diversidades sexuais que se atopa na entrada do recinto. Este feito non é illado, senón que xa é o segundo ano consecutivo no que acontece algo similar.

Consideramos que é o noso labor como docentes facer fincapé na importancia dos Dereitos Humanos e educar o nosos alumnado no respecto á diversidade.

Para nós, estes ataques á visibilización da comunidade LGTBIQA+ son manifestacións claras de odio que sofren a diario as persoas pertencentes a este colectivo, o que non fai máis que pór de manifesto a necesidade da defensa destas dereitos nos centros educativos do Val Miñor.

 



book | by Dr. Radut