Fondo libros e material escolar 2023-24
Enviado por iesproval o Lun, 2023-05-22 14:28
Publicada a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
- Alumnado beneficiario:1º/2º/3º/4º ESO
- Presentación de solicitudes: ata o 21 de xuño de 2023
- Listaxe provisional: 12/07/2023
- Listaxe definitiva: 26/07/2023
Preman nas ligazóns correspondentes para accederen aos Anexo I e Anexo II, á documentación necesaria e ás instrucións de presentación de solicitudes.
|