Iniciar sesión |
Alumnado de 2º ESO participa na Liga Maker DroneEnviado por iesproval o Ven, 2023-05-05 10:08
O noso alumnado de 2º de ESO da materia de Programación participa este venres na Coruña na Liga Maker Drone. Trátase dunha competición organizada pola Fundación Barrié e o Instituto Tecnolóxico de Galicia e que ten como obxectivo estimular a creatividade e o interese pola tecnoloxía entre o alumnado de secundaria. Este alumnado deberá deseñar, programar e voar un dron capaz de resolver un problema social no menor tempo posible. Máis información deste evento nesta ligazón. Premendo na foto inferior pódese consultar o álbum desta actividade. ( categories: )
|