Inicio curso: ESO-BAC-2ºFPBÁSICA

Enviado por iesproval o Lun, 2021-09-13 09:41

Este mércores 15 de setembro comezamos o curso escolar 2021-22 no horario habitual 8:45-14:30 h. para os grupos da ESO, bacharelato e 2º FPBásica. A primeira hora cada grupo terá a presentación con cadasenseu titor/a e logo haberá clase co resto do profesorado no horario ordinario. Queda pendente a data de inicio de 1º FP Básica dado que ata o día 22 está a matricula aberta. 

AVISO: Ese día haberá servizo de bus nas horas e paradas habituais.