Proceso de admisión 2021-22

Enviado por iesproval o Xov, 2021-01-07 12:03

O próximo luns dará comezo o procedemento de admisión do alumnado que cambia de etapa. Así que, o alumnado deste instituto e dos nosos centros adscritos terá que solicitar a súa reserva de praza entre o 11 de xaneiro e o 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado. Poden descargar os impresos de solicitude premendo nos enlaces: Anexo1 e Anexo1bis

Prazos:

  • Reseva de praza (ED550A) no centro de orixe: Presentación de solicitudes do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.
  • Solicitude de admisión (ED550B): Presentación de solicitudes do 1 ao 20 de marzo
  • Lista provisional de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril.
  • Lista defintiva de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio.
  • Formalización da matrícula (ESO e bacharelato): do 25 de xuño ao 10 de xullo.

Máis información: Consellería de Educación e Orde do 18 de decembro de 2020.