25 DE NOVEMBRO

Enviado por iesproval o Lun, 2020-11-23 16:52

Como cada 25 de novembro, polo "Día contra a violencia de xénero", desde o Equipo de Igualdade do Proval promovemos diversas actividades co fin de concienciar a comunidade educativa e, asemade, visibilizar a realidade de moitas mulleres que o machismo deu en silenciar. É, por iso, que a nosa proposta deste ano leva por título "Doulle voz ás silenciadas" e consiste na elaboración dun relato escrito (200-250 palabras) -ou en formato de audio ou vídeo (cunha duración máxima de 3 minutos)- que complete a historia vital dalgunha das vítimas da violencia de xénero que podedes consultar no enlace.

Nesta actividade pode participar todo o alumnado do centro en tres categorías diferentes: a) 1º/2º ESO; b) 3º/4º ESO/FPB; c) Bacharelato, ciclos e ESA.  Enviade as vosas creacións ao correo igualdadeproval@gmail.com antes do 30 de novembro e dádelle voz ás silenciadas!