Inicio de curso 2020-21

Enviado por iesproval o Ven, 2020-09-18 21:58

Desde o IES Escolas Proval informámolos de que por fin comezamos o novo curso escolar 2020-2021 mantendo a presencialidade en todos os niveis. Como saben, o inicio das clases realizarase de forma escalonada os días 23, 24 e 25 de setembro e no horario lectivo habitual (8:45-14:30 horas).

Este ano comezamos con moitas ganas e algunha incertidume, pero asegurámoslles que levamos moitas semanas traballando para garantir un regreso seguro ás aulas e poder mantermos un ensino de calidade. Habilitamos todos os espazos do centro, tanto interiores como exteriores, conforme ao protocolo COVID, asegurando a máxima protección do noso alumnado e de toda a comunidade educativa. 

Con todo, precisamos da súa colaboración para reforzar as normas de seguridade desde o ámbito familiar. Ademais, é imprescidible que entreguen na conserxería do centro, debidamente asinada e antes do día 23 (en horario de 9:00-14:00 e de 16:00-20:00), a Declaración responsable pola que se comprometen a realizar a diario a Enquisa de Autoavaliación clínica da COVID e a NON enviar ao centro o seu fillo ou filla se presenta síntomas compatibles coa COVID-19.

Estes dous documentos poden descargalos nos enlaces anteriores ou pedilos no centro; tamén se lles entregará a todas as familias que acudan á reunión do próximo luns 21 de setembro. Así mesmo, achegamos outros dous documentos relacionados co protocolo Covid: "Guía-resumo das instrucións para a adaptación dos centros educativos" e "Guía de volta segura as aulas".

Grazas de antemán pola súa comprensión, e desexámoslle moito ánimo e saúde!

 
( categories: )