Lembranzas 2º bacharelato

Enviado por iesproval o Sáb, 2020-06-20 00:56
Moito ten chovido desde aquel setembro do 2014 cando chegastes coa mochila chea de libros e inquedanzas. E, case sen decatarnos, esvaéronse seis aniños de cambios, nervios, bágoas, ilusións... Maduramos con vós nun chafariz de sentimentos e vivencias compartidas que, de seguro, ficarán nun recuncho da nosa memoria...
Samaíns, entroidos, concursos, xogos, obradoiros, concertos coa Rockestra, excursións a Edimburgo, Grecia... ou outras máis próximas como ás Cíes ou ao Monteferro. Momentos inolvidables que agora podemos lembrar grazas á montaxe realizada por unha das súas protagonistas, Clara Rey Barona.
Pero agora chegou o momento da despedida, logo desta estraña fin de curso, e desde o Proval só podemos desexarvos que non perdades nunca a curiosidade por aprender... Moitísima sorte!!!



 

( categories: )