Skip to Content

África González e o "inmunopower"

Dentro da programación especial ofrecida polo concello de Nigrán nesta semana de celebración do Día da muller e a nena na Ciencia, visitounos hoxe outra das nosas veciñas científicas: África González Fernández, catedrática de medicina e presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía. Dirixiu o Centro de Investigacións Biomédicas CINBIO e foi cofundadora de NanolmnunoTech SL, empresa centrada na nanotecnoloxía. Ten traballado con varios Nobel, como César Milstein, e foi nominada aos premios Women Innovator 2017 pola Comisión Europea. Na súa charla de hoxe “As túas defensas ao poder: Inmunopower” -e co didactismo que a caracteriza- falounos do seu eido de investigación, a inmunoloxía, da súa traxectoria laboral e vital, analizou a presenza das mulleres no ámbito científico... pero, sobre todo, impartiu unha boa lección de humanidade, porque “nesta vida debemos valorarnos, querernos a nós mesm@s e sermos respetuos@s cos demais”...

 

 



book | by Dr. Radut