Eduemprende

Enviado por iesproval o Mér, 2020-02-12 02:25

Dentro do programa Eduemprende Actúa, acudiron hoxe ao centro María Boo (técnica do IGAPE e asesora de emprendemento no sistema educativo Educational Adviser) e Manuel Pita (emprendedor licenciado en Química) para impartir a charla: “Actividade emprendedora como unha alternativa laboral para o alumnado”. A este evento promovido polo dpto. Orientación e FOL acudiu alumnado de bacharelato, ciclo medio de Xestión Administrativa e ciclo superior de Electrónica e Comunicacións.