Comic-con Tuitaku

Enviado por iesproval o Mér, 2020-02-12 02:17

O noso Club de Lectura "A tiro limpo" acudiu á II Comic-con Tuitaku no IES San Paio de Tui. Os anfitrións do Club Tuitaku deseñaron máis dunha ducia de actividades para que os seus convidados -IES Valadares e IES Alexandre Bóveda de Vigo, IES As Barxas de Moaña, o IES Indalecio Péres Tizón de Tui e NÓS- gozasen coa banda deseñada.