Obradoiro de miniaturas

Enviado por iesproval o Mér, 2020-02-12 00:32

O profesor José Antonio Puras, o "último pergamiñeiro", converteu o laboratorio de FÍsica nun auténtico “scriptorium” medieval. O alumnado de 2 ESO, ao xeito dos antigos copistas e iluminadores, tivo a oportunidade de deseñar as súas propias letras e miniaturas con afiadas plumas de ave e con moita creatividade!