Comezo de curso 2019-20

Enviado por iesproval o Mar, 2019-09-10 18:54

 

ESO, Bacharelato e Formación Profesional Básica

  • O vindeiro 16 de setembro ás 8:45 horas, o alumnado destes niveis educativos realizará a presentación do curso cos seus titores e titoras. As listaxes co alumnado asignado a cada grupo estarán expostas no porche de entrada do edificio superior.
  • Os autobuses recollerán o alumnado nas paradas e horarios habituais e ás 11:00 horas levarano de volta a casa. Ese día non haberá clases pola tarde.
  • O martes 17 de setembro iniciaranse as actividades lectivas no horario habitual do centro aducativo; isto é, de 8:45 a 14:30 horas.

 

ESA

  • A presentación neste nivel educativo será o luns 16 de setembro ás 18:50 horas na Aula Multiusos.
  • O inicio das clases será o luns 23 de setembro ás 18:10 horas.

 

Ciclos de Formación Profesional 

  • A presentación dos ciclos de diúrno será o luns 16 de setembro ás 10:00 horas.
  • A presentación dos ciclos de nocturno será o luns 16 de setembro ás 19:00 horas.
( categories: )