Complementando a nutrición

Enviado por iesproval o Dom, 2019-05-05 23:49

 Durante o mes de abril, nas clases de bioloxía de 3º ESO, estamos estudando a nutrición. E complementamos o tema cunha actividade moi motivadora para o alumnado: a elaboración de empanadillas, guiados polo responsable da cafetería do centro e cociñeiro da mesma. Posteriormente cada alumno calculou o valor nutritivo dese plato de comida

 Plantexámonos como obxectivo desta actividade a reflexión do alumnado sobre a finalidade da súa alimentación e a concienciación sobre a importancia da elaboración dos nos propios alimentos por seren máis sans, sempre que conteñan ingredientes de calidade

  Seleccionando a foto inferior podemos ver ao alumnado de 3º ESO B coa profesora da materia, Pura González, e o responsable da cafetería do centro, Javier Rodríguez

 

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> Nutricion