ESA: Oferta de prazas para o curso 2018-2019

Enviado por iesproval o Dom, 2018-06-17 15:22

A oferta de prazas do IES Escolas Proval para o curso 18-19 na Educación Secundaria de Adultos é a seguinte:

- Módulos 1º e 2º da ESA: 1 grupo (ata 30 alumnas/os)

- Módulos 3º e 4º da ESA: 2 grupos (ata 60 alumnas/os)

A oferta desenvolverase por cuadrimestres. No primeiro cuadrimestre (dende setembro de 2018 ata febreiro de 2019) desenvolveranse os cursos de 1º e 3º da ESA; no segundo cuadrimestre (dende febreiro de 2019 ata xuño de 2019) desenvolveranse os cursos de 2º e 4º da ESA.

Toda a etapa da educación secundaria pode realizarse en dous cursos académicos.

Xefatura de Estudos de Adultos

( categories: )