Skip to Content

Buscando a pi no IES Escolas Proval

 Con motivo do día de pi (Piday), o Departamento de matemáticas organizou un amplo programa de actividades no IES Escolas Proval:

  • Nos días previos ao 14 de marzo, gravaremos e proxectaremos un vídeo no que o alumnado de ESO e FP Básica amosa, en orde, unha cifra do número. De música de fondo o vídeo levará unha peza composta no centro e interpretada pola Rockestra Proval, constituída íntegramente polo noso alumnado.
  • Construiranse cúpulas de Leonardo na entrada do IES, con pezas de madeira cedidas por Imatxina.
  • Xa o 14 de marzo, Día de pi, impartiranse varios talleres para todo o alumnado:
    • Obtención do número pi en obxectos cotiáns.
    • Aproximacións de pi con GeoGebra

 



page | by Dr. Radut