Buzón da convivencia: Maltrato entre iguais

Enviado por iesproval o Mar, 2017-11-21 13:49
  • Este é o buzón onde podes informarnos dos casos de maltrato que coñezas ou que sufras no IES Escolas Proval de Nigrán.
  • Se queres mandarnos un correo electrónico informándonos do caso, o noso enderezo é este:maltratoentreiguais.proval@gmail.com
  • É importante que te identifiques con claridade, para poder dar unha pronta resposta ao feito informado.
  • Á información recibida neste correo só terán acceso a Directora e o Orientador do instituto e esta información será tratada coa máxima confidencialidade.
  • Colaborando estás a sar un grande paso que ás veces é difícil. Deberás ter a seguridade de que só a partir de facelo poderemos atopar solucións entre todos.
  • O maltrato é un asunto moi serio. Agradecémosche a túa colaboración para axudar a que o instituto sexa un lugar seguro para todos.