Comezo de curso e calendario escolar curso 2017 18

Enviado por iesproval o Mér, 2017-08-30 23:43

ESO e Bacharelato: Matrícula ata o 11 de setembro. Comezo de curso o día 15 de setembro co horario habitual, de 8.45 a 14.30 h. Haberá servizo de transporte para o alumnado de ESO (o alumnado restante poderá solicitar prazas cando se completen as da ESO).

FP BásicaSolicitudes ata o 12 de setembro. Matrícula do 13 ao 20 de setembro. Comezo de curso o día 15 de setembro co horario habitual, de 8.45 a 14.30 h. Haberá servizo de transporte.

Ciclos Formativos en réxime ordinario: 20 de setembro, presentación ás 11 h

Ciclos Formativos en réxime de adultos: Comezo de curso  o 25 de setembro, ás 19 h. Anunciaranse as aulas por megafonía.

ESA:Matrícula do 1 ao 12 de setembro.  Comezo de curso  o 25 de setembro, ás 19 h, na sala de usos múltiples.

( categories: )