Skip to Content

Castañas e cabazas 2016

O pasado venres 11 de novembro celebrouse conxuntamente a festa do magosto e do Samaín no IES Escolas Proval. Todo o alumnado do centro puido participar nos  xogos populares, concursos de disfraces, cabazas, contos de medo ou películas de terror. E, por suposto, sen que faltasen as castañas...

  Unha vez máis o esforzo e a ilusión de todo o  alumnado e profesorado fixo posible esta celebración.

   Podedes ver as fotos da xornada pinchando aquí.



page | by Dr. Radut