abalarMóbil

Enviado por iesproval o Mar, 2016-10-04 21:44

O IES Escolas Proval pasou a formar parte da Rede de Centros que utilizan a aplicación abalarMóbil, co fin de facilitar o acercamento entre o profesorado e as familias. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida, que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos (notas, faltas de asistencia, etc).

Poden consultar cómo descargar e utilizar a aplicación no seguinte enlace e no arquivo adxunto: abalarMóbil

AdxuntoTamaño
guia_mobil-familias_-galego.pdf1.28 MB
( categories: )