CONFERENCIA "Física Re-Creativa: ClickOnPhysics"

Enviado por iesproval o Lun, 2015-02-23 00:18

 

O próximo 3 marzo de 2015 terá lugar unha charla baseada na web http://www.clickonphysics.es/cms/. Nela se falará da importancia da física, os estudios relacionados como as enxeñerías, e do Ano Internacional da Luz http://ail2015.laserphotonics.org/. Ó final se realizarán diferentes experimentos.

O ponente é José Benito Vázquez Dorrío, Doutor en Fisicas, Profesor Titular da Universidade de Vigo e Director da Escola de Enxeñería de Minas. O seu campo de investigación é a Metroloxía Óptica e Aplicacións dos Láseres e ten amplia experiencia en actividades de divulgación e didáctica das ciencias.

Será de 10:40 a 12:20 no Ximnasio-Salón de Actos, para os alumnos de Bacharelato Científico-Tecnolóxico (1º e 2º) e C. S. Mantemento Electrónico (1º e 2º)

Atoparedes mais información no arquivo adxunto.

AdxuntoTamaño
cartel_charla_clickonphysics_3mar2015.pdf1.61 MB