Skip to Content

Proxecto Leonardo da Vinci: prácticas en empresas suízas

O curso 2013/2014 iniciamos un proxecto europeo dentro do programa Leonardo da Vinci que permite a realización de prácticas en empresas suizas a alumnos do ciclo medio de Instalacións de Telecomunicación. O ano pasado disfrutaron destas bolsas 3 alumnos (Francisco, Jesús e Roberto) e este ano temos nestes momentos a 2 alumnos (Alberto e David) nunha empresa de Neuchâtel (Suíza). Dende alí nos quixeron mandar un saúdo e animar ao alumnado do IES Escolas Proval a que aproveiten esta oportunidade. Esperámosvos no Nadal para que nos contendes a vosa experiencia...

 

Foto alumnos Leonardo da Vinci en Suiza



page | by Dr. Radut