Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Maio 18, 2009 »
LunMarMérXovVenSábDom
18
Start: 18/05/2009 10:30
End: 18/05/2009 12:30

O Instituto de Ensino Secundario "Escolas Proval" de Nigrán (Pontevedra) organiza unha Semana Solar entre os días 18 e 22 de maio co gallo do Día Solar Europeo. Cada día desenvolveráse unha actividade distinta relacionada con diferentes aspectos da enerxía solar, como a construcción ou utilización de cociñas e fornos solares, obradoiros de construcción de pequenos xoguetes alimentados por enerxía solar, instalacións de enerxía fotovoltaica para vivendas, vehículos eléctricos e exposicións de diverso material de enerxías renovables.

DÍA 18 de maio:

Obradoiro de construcción de cociñas solares de acumulación (forno solar) e concentración (fun-panel). Os modelos de forno solar e cociña fun-panel escolléronse polo seu sinxelo deseño e facilidade de construcción con materiais económicos. O obradoiro comenzará cunha presentación sobre a cociña solar, a súa contribución ó desenvolvemento humano e a loita contra o cambio climático, e está dirixido a alumnos/as da ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos.
O horario do obradoiro será de 10:30 a 12:30 horas. Ó remate faráse unha exposición e demostración de uso das cociñas aberta a todo o centro e público en xeral, con preparación de café, chocolate (con productos de comercio xusto) e diferentes alimentos. As cociñas quedarán formando parte da exposición permanente da semana solar.

19
Start: 19/05/2009 10:30
End: 19/05/2009 12:30

DÍA 19 de maio:

Obradoiro experimental de construcción de prototipos de cociñas e dispositivos de aproveitamento de enerxía solar térmica. Nesta actividade probaránse novos modelos de cociñas solares empregando como base pratos de antena parabólica reciclados das prácticas dos alumnos de electrónica do centro, así como outros modelos de cociña parabólica con diferentes materiais como cartón ou plástico. Ademáis ensaiaránse sistemas de concentración non óptica para quentar alimentos utilizando tubos de baleiro. Os asistentes tamén poderán propoñer e realizar os seus propios prototipos.
Este obradoiro está dirixido a alumnos de Bacharelato Tecnolóxico e Ciclos Formativos Medio e Superior de Electrónica.
O horario do obradoiro será de 10:30 a 12:30 horas, ó remate faráse unha exposición e demostración dos materiais elaborados que se incorporará á exposición da semana solar.

20
Start: 20/05/2009 10:30
End: 20/05/2009 14:30

DÍA 20 de maio:

Obradoiro-Concurso de construcción de pequenos xoguetes fotovoltaicos. Cada xoguete incorporará un kit fotovoltaico composto de célula solar e micromotor. O obradoiro estará formado por dúas actividades:
- CONSTRUCCIÓN GUIADA: nesta modalidade os participantes montarán un ou varios modelos preestablecidos, para o que disporán dun manual de instruccións e a axuda dos monitores.
- CONCURSO DE INVENTOS: cada participante ou equipo recibe o kit de célula solar e micromotor e ten que deseñar e construir o seu propio modelo de xoguete empregando materiais de libre elección (madeira, corcho, plástico), contando co asesoramiento dos monitores. Haberá premios para os mellores deseños.
Este obradoiro está dirixido a alumnos de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos e será necesaria a inscrición previa.
O horario do obradoiro será de 10:30 a 12:30 horas, ó remate faráse unha exposición dos materiales elaborados, que pasarán logo a propiedade dos autores.

21
Start: 21/05/2009 10:30
End: 21/05/2009 12:30

DÍA 21 de maio:

Obradoiro de electrificación solar. O obradoiro terá as seguintes partes:
- Explicación teórica sobre a enerxía solar fotovoltaica e os materiais e dispositivos empregados, a cargo de profesores de electrónica do centro.
- Demostración práctica de funcionamiento dos sistemas de electrificación solar, utilizando os paneis de prácticas dos ciclos formativos de electrónica do centro.
- Montaxe dun pequeno kit de electrificación solar formado por un panel fotovoltaico de 10W, regulador de carga con circuito integrado e un SAI de ordenador modificado para recarga solar.
Este obradoiro está dirixido a alumnos de Ciclos Formativos de Electrónica.
O horario do obradoiro será de 10:30 a 12:30 horas, ó remate faráse unha exposición e demostración dos materiais elaborados que se incorporará á exposición da semana solar.

22
Start: 22/05/2009 10:30
End: 22/05/2009 14:30

DÍA 22 de maio:

Este día haberá as seguintes actividades (comenzo ás 10:30):

- Exposición xeral de tódolos materiais elaborados durante a semana solar.
- Visitas guiadas ás instalacións da aula de enerxías renovables abertas ó público en xeral.
- Exposición do material de enerxías renovables do centro: panéis térmicos e fotovoltaicos, inversores e baterías, pila de combustible de hidróxeno...
- Exposición divulgativa sobre cociña solar con paneis explicativos.
- A partir das 12:30: preparación de café e chocolate solar coas cociñas parabólicas e de panel.
- Exhibición de vehículos eléctricos (bicicletas, ciclomotores) con demostracións de funcionamiento.

ORGANIZA: Aula de Enerxías Renovables e Departamento de Electrónica do IES Escolas Proval

23
24
Distribuir contido


by Dr. Radut