Xefatura de Estudios

Calendario de avaliacións

Submitted by iesproval on Thu, 2011-03-10 18:05

 Dende os enlaces inferiores poden consultarse os horarios das diferentes avaliacións.

Os horarios son aproximados e poden sufrir modificacións. Por ese motivo, deberase estar no centro uns dez minutos antes da hora de inicio programada para a avaliación.

( categories: )

Inicio das clases curso 2010-2011

Submitted by iesproval on Fri, 2010-09-10 07:47

 Setembro  Ensinanza  Horario
 venres, 17  ESO  8.45 a 14.30
 luns, 20  Bacharelato  10.40
 Ciclos Formativos (ordinarios)  10.40
 Ciclos Formativos (adultos)  19.30
 luns, 27  ESA  19.30

 

 

( categories: )

Consulta das notas da Selectividade

Submitted by iesproval on Fri, 2010-06-25 19:59

Acceso ás calificacións das PAAU

A Comisión Interuniversitaria de Galicia publica as calificacións provisionais na súa páxina web. Para acceder só se necesita o DNI.

PAAU xuño 85,7 % aprobados. Parabéns a todos e bo verán

( categories: )

Inicio das clases en 2º e 4º de Educación Secundaria de Adultos

Submitted by iesproval on Mon, 2010-02-08 22:31

 

 As clases en Educación Secundaria de Adultos correspondentes a 2º e 4º (2º cuatrimestre) empezarán o xoves 18 de febreiro ás 19:15.

Nos arquivos adxuntos poden consultarse os solicitantes admitidos en 2º e 4º ESA así como as listas de espera ordenadas. 

Para consultar as listas premer no enlace 2 adxuntos e logo nos documentos  admitidos2esa.pdf e admitidos4esa.pdf 

( categories: )

Representantes do alumnado curso 2014-2015

Submitted by iesproval on Sun, 2009-11-01 21:42

Os representantes dos alumnos no Consello Escolar son:

Aarón Alves Pérez, de 4º ESO B

Manuel Casal Misa, de ESA 3-B

Gabriela F. Cubilla Santana, de ESA 3-B

Miriam Fernández Aristondo, de 2º ESO B

 

Os delegados de cada curso veñen indicados no arquivo adxunto, sendo a Presidenta da Xunta de Delegados Mercedes Rodríguez Villarde 4º ESO C.

( categories: )

Inicio das clases. Curso 2009 2010

Submitted by iesproval on Thu, 2009-09-03 16:39

 

 As clases do novo curso 2009 2010 iniciaranse nas seguintes datas e horas:

  •   ESO: Xoves 17 ás 8:45 (presentación e inicio de clase).
  •   BACHARELATO: Xoves 17 ás 12:50 (presentación).
  •   CICLOS FORMATIVOS (Réxime ordinario): Xoves 17 ás 10:40 (presentación).
  •   CICLOS FORMATIVOS (Réxime de adultos): Luns 21 ás 19 horas (presentación).
  •   EDUCACIÓN SECUNDARIA DE ADULTOS: Xoves 24 ás 19:15 horas (presentación).
( categories: )

Carta ao Conselleiro de Educación

Submitted by iesproval on Tue, 2009-06-23 14:17

Carta dunha alumna de 1º de Bacharelato de Ciencias Sociais ao Conselleiro de Educación amosando a súa disconformidade coa enquisa da súa Consellería sobre o emprego da Lingua Galega como lingua de aprendizaxe. A publicación desta carta obedece a un acordo unánime do Claustro de profesores celebrado o pasado martes, 14 de xuño.

 

Sr. Conselleiro de Educación:

Son unha alumna de 1º de Bacharelato do IEs Escolas Proval que quere manifestar o seu dereito a expresarse e a dicirlle algunas cousas:

1.- Que lle escribo no meu nome, sen estar influenciada nin polos meus profesores, nin amigos, nin familiares.

2.- Que aínda que escribo en galego, a miña vida normal desenvólvese en castelán, a lingua na que me educaron, aínda que meus pais entre eles ás veces falan en castelán e ás veces en galego.

3.- Que todo isto das enquisas paréceme un disparate sen ningún sentido. Ao único que nos vai levar é a un enfrontamento orixinado pola obriga a ter que posicionarno nunha das dúas opcións; é como se a un neno o obrigasen a elixir entre a súa nai e o seu pai e respondese que os quere por igual. O mesmo pasa coas linguas de Galicia, se somos bilingües, as dúas teñen que ter as mesmas oportunidades e falarse nos mesmos sitios.

4.- Ademais quero dicirlle que a escola é hoxe en día case o único lugar, polo menos eu así o vexo, onde moitos rapaces, a gran maioría, teñen contacto co galego. Se vostede vai ao Centro Comercial da Ramallosa, ao cine, á discoteca…case toda a vida social dos adolescentes se desenvolve prácticamente en castelán. Estamos en Nigrán, como podíamos estar en Ciudad Real ou en Cáceres, soamente na escola sabemos que estamos nun instituto de Galicia, onde nos sentimos galegos, onde podemos falar sen prexuízos, onde non parece que falemos nunha lingua infravalorada, e créame señor Conselleiro, iso soamente se consegue, como dicía castelao, por obra e gracia do idioma.

Miriam Veiro

1º Bacharelato Humanidades. IES ESCOLAS PROVAL

NIGRÁN

 

 

 

 

Horario da aula de informática

Submitted by iesproval on Sun, 2009-04-26 21:28

  No arquivo adxunto a esta páxina amósase o horario fixo da aula de informática para o último trimestre do curso 2008 09.

 Para organizar a súa utilización nos ocos este horario imprimirase semanalmente e exporase no taboleiro de horario de aulas da sala de profes para que o profesorado que o desexe se anote.

( categories: )

Curso 2008-2009

Submitted by iesproval on Thu, 2008-09-18 22:38

A presentación do curso 2008-2009 para os alumnos e alumnas da ESO e do bacharelato é o xoves, 18 de setembro ás 8.45 h. (ESO) e ás 12.50 h. (bacharelato). O venres, 19 comezan ás clases normais.

Os Ciclos Formativos de FP teñen a presentación o próximo xoves, 25 as 10.40 h. As clases normais comezan o venres, 26.

Os cursos da EPA e os Ciclos Formativos de nocturno teñen a presentación o xoves, 26 ás 19.15 h. O comezo das clases será o luns, 29.

 

Syndicate content