Skip to Content

Vacantes ESO-BACHARELATO (curso 2022-23)

Poden consultar a listaxe provisional de alumnado admitido na ESO e Bacharelato para o curso 2022-23 no IES Escolas Proval, ben a través de internet na seguinte ligazón ou no taboleiro físico situado en fronte da Secretaría. 

AVISO: Só aparecerá nesta listaxe o alumnado que presentou a solicitude en prazo (antes do 21 de marzo). Lembren, ademais, que o centro iniciará a súa actividade lectiva, tras a Semana Santa, o próximo 19 de abril.

Erasmus+ en Dublín

Iñaki Brea, o noso alumno recén titulado como técnico superior en Administración e Finanzas, está gozando dunha bolsa Erasmus+ de mobilidade de estudantes para prácticas en Dublín. A compañía na que está completando a súa formación profesional chámase Chopped Fairview, empresa de comida saudable enfocada fundamentalmente á xente traballodra de hoxe en día que carece de tempo para preparala e cuxo lema é: “Eat Good, Feel Good”. Para a localización da organización de acollida contamos coa axuda da empresa intermediaria Intern Xperience, que xa colaborara co noso centro nas mobilidades para prácticas de catro alumnos en Malta e dous en Italia o curso pasado.
 

Calendario Administración 2ª avaliación

CALENDARIO 2ª AVALUACIÓN SEGUNDOS 

  •  Luns, 14 de marzo: Finalización das clases 2º CMXA e 2º CSAF (reunión ás 11:30h).

EXAMES MÓDULOS PENDENTES CICLO MEDIO XESTIÓN ADMINISTRATIVA:

DATA E HORA

MÓDULO

AULA

16 marzo 10:40h

OPERACIÓNS AUX. DE TESOURERÍA

Aula 19

17 marzo 9:50h

OPERACIONS ADMVAS DE COMPRA VENTA 

Aula 19

17 marzo 16:30h

TECNICA CONTABLE

Aula 18

16 marzo 10:30h

INGLES

Biblioteca

 

EXAMES MODULOS PENDENTES CICLO SUPERIOR ADMINISTRACIÓN E FINANZAS:

DATA E HORA

MÓDULO

AULA

17 marzo 16:30h

PROCESO INTEGRAL DA ACTIVIDADE COMERCIAL

Aula 14

 

EXAMES FINAIS DE CICLO MEDIO XESTIÓN ADMINISTRATIVA:

DATA E HORA

MÓDULO

AULA

21 marzo 9:50h

EMPRESA NA AULA

Aula 14

22 marzo 10.40h

COMUNIC.EMPR.E ATENCION CLIENTELA

Aula 14

22 marzo 12:50h

EMPRESA E ADMINISTRACIÓN

Aula 19

23 marzo 9.50h 

OPERACIONS ADMVAS DE RRHH

Aula 14

25 marzo 9:50h

TRATAMENTO DOCUMENTACION CONTABLE

Aula 14

 

EXAMES FINAIS DE CICLO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS:

DATA E HORA

MÓDULO

AULA

21 marzo 9:50h

SIMULACIÓN EMPRESARIAL

Aula 14

22 marzo 10.40h

XESTIÓN LOXISTICA E COMERCIAL

Aula 14

23 marzo 9.50h

XESTIÓN DE RRHH

Aula 14

24 marzo 16:30h

CONTABILIDAD E FISCALIDAD

Aula 14

25 marzo 9:50h

XESTIÓN FINANCEIRA

Aula 14

 

SESIÓN AVALIACIÓN: 28 de marzo

  • 16:30h: 2º CMXA 
  • 17:15h: 2º CSAF 

Entrega Notas e Informes individualizados: 29 marzo

  • FCT: Dende 4 de abril ata o 13 de xuño (CSAF) e o 17 de xuño (CMXA).

CALENDARIO 2ª AVALUACIÓN PRIMEIROS 

 SESION AVALIACIÓN: 7 de abril

  • 1º CSAF (19:00h)
  • 1º CMXA (19:45h)

Mobilidades Erasmus para alumnado de Ciclos Medios

  Publicada a lista de solicitudes seleccionadas.  A información completa pode consultarse neste enlace.

Concurso de deseño "Castelao"

DÍA DE CASTELAO. CONCURSO DE ILUSTRACIÓN E BANDA DESEÑADA

O 30 de xaneiro é o aniversario do nacemento de Castelao. Para lembrar o escritor e debuxante convocamos un concurso de ilustración e banda deseñada inspirándonos en catro dos seus relatos.

CATEGORÍAS: 

  • A) 1º/2º/3º ESO-FPB1
  • B) 4º ESO-FPB2-BAC-CICLOS e ESA

MODALIDADES:

PREMIOS: Haberá tres premios por cada categoría.

BANDA DESEÑADA

  • 1º premio: 50 €
  • 2º premio: 20 €
  • 3º premio: 10 € 

ILUSTRACIÓN

  • 1º premio: 20 €
  • 2º premio: 10 €
  • 3º premio: 5 € 

PRAZOS E ENTREGA DOS TRABALLOS

Os traballos entregaranse ás profesoras de lingua galega ou plástica. Tamén poden enviarse ao seguinte enderezo de correo electrónico: equipoedlproval@gmail.com

A data límite de entrega é o 3 de febreiro.

  • Nos deseños pódese empregar calquera técnica segundo as preferencias do autor ou autora.
  • Os textos deberán estar en lingua galega.
  • Os premios entregaranse en vales para librarías ou para a cafetaría do instituto.

 

 

 

  

Syndicate content


by Dr. Radut