Skip to Content

Premio de innovación na FP por "Telerrobot con realidade virtual"

O proxecto “Telerrobot con realidade virtual” no que participa o noso departamento de Electrónica -xunto co IES Politécnico de Vigo e o IES Ricardo Mella- vén de ser recoñecido nos Premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación na Formación Profesional.

Con este fin, o alumnado de Electrónica recibirá unha ampla formación en tecnoloxía, robótica e programación para deseñar e construír un robot con capacidade de telecomando a base da incorporación dun sistema de realidade virtual. O robot levará unhas cámaras na posición dos ollos e terá un colo articulado que unha persoa poderá manexar a distancia. O manexo da cabeza do robot farase desde un móbil colocado dentro dunhas lentes de Realidade Virtual, de xeito que os movementos da cabeza da persoa serán replicados pola cabeza do robot. Ademais, a imaxe das cámaras do robot transmitirase ata o teléfono móbil, e así a persoa estará vendo o mesmo có robot. 

Así que, ánimo ao alumnado e aos profesores da familia de Electricidade-Electrónica, Fernando Rodríguez e Martín Fanego, para afrontaren este novo reto!!



book | by Dr. Radut