Novas

Homenaxe de Google ao matemático Euler no 306 aniversario do seu nacemento

Luns, 15 de Abril do 2013

Mellor ca do noso xuízo, debemos fiarnos do cálculo alxébrico.”     Leonhard Euler, matemático. 

Hoxe, o coñecido buscador Google quixo conmemorar o 306º aniversario do nacemento en Basilea (Suíza) do matemático Leonhard Euler.

 

 

O número irracional 2,77182818284590452353602874713527… débelle o seu nome a este xenial matemático do século XVIII que  foi o primeiro en nomealo coma o número e.

Leonhard Euler foi un matemático suízo que pasou á historia coma un dos matemáticos máis salientables e prolíficos.

A el debémoslle gran parte da terminoloxía e notación matemática actual, sobre todo no campo da análise matemática, coma por exemplo, a notación f(x) para referirse á imaxe que a función f  lle asigna a un valor de x. Tamén importante foi, entre outras, a súa achega á teoría de grafos, coa súa resolución do coñecido problema das pontes de Königsberg (actualmente Kaliningrado, en Rusia).

Se queres coñecer máis deste xenial matemático podes ver o seguinte enlace:

Euler en La voz de Galicia.

 

Distribuir contido