Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 |
PIALE 2016
ACTIVIDADES PIALE 2016 PARA PROFESORADO
A comezos de curso, os profesores Marta Dacal e Rubén Sanjurjo, participamos na actividade de integración en dous centros educativos na cidade de Ottawa, en Canadá. Esta actividade forma parte do programa PIALE 2016 organizado pola Xunta de Galicia e que está destinado a profesorado non especialista que ensina algunha materia non lingüística nun idioma estranxeiro e ao profesorado especialista que o coordina.
Tivemos a oportunidade de ver desde dentro como funciona un dos mellores sistemas educativos do mundo (os resultados nas probas da OCDE así o abalan) ademais de mellorar a nosa competencia lingüística.
Deixámosvos de seguido un vídeo con imaxes dos lugares que esta actividade nos permitiu coñecer e unha presentación co máis destacable de como funciona o sistema educativo e os centros de ensino en Ottawa.
Neste vídeo podedes ver o desenvolvemento da actividade “Every child matters” desenvolvida nas clases de inglés con Marta.