Skip to Content

COVID-19

Documentos e información sobre o Covid-19

Información para a comunidade educativa COVID-19

17/03/2022

O centro foi notificado hoxe por parte dos servizos de saúde da detección na comunidade educativa dunha persoa positiva por Covid-19.

Conforme á comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación do 04/03/2022, o centro xa non participa na identificación de contactos estreitos: serán os propios casos os que deben informar aos seus contactos estreitos do diagnóstico de COVID para que extremen as medidas de prevención (http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/04032022_manexo_contactos.pdf). Recomendacióins para contactos estreitos figuran no seguinte enlace: https://www.sergas.es/Saude-publica/Documents/6767/202200304_Recomendacions_preventivas_contactos_estreitos_COVID.pdf. Permaneza atento ás comunicacións nos medios de ambas consellerías e do SERGAS, sobre novidades na forma de proceder.

Compartimos todo o noso ánimo coas persoas identificadas hoxe como casos positivos, desde o escrupuloso respecto á súa privacidade, ao tempo que lles desexamos a máis pronta recuperación.

Información para a comunidade educativa COVID-19

07/03/2022

SOLICITUDE DE MASCARILLAS

REPARTO DE MASCARILLAS AO ALUMNADO

     A Consellería de cultura, educación e universidade ven de publicar a Orde de 6 de novembro de 2020 segundo a cal proporcionará, a través dos centros de ensino, mascarillas a todo aquel alumnado cuxa renda per cápita familiar non supere os 6 000 €. Dado que esta é a cantidade que se utiliza como tope para a obtención do vale de material escolar do Fondolibros, todos aqueles aos que lles foi concedido o vale no mes de setembro (ou máis tarde no caso de formalización da matrícula por traslado) terán dereito de oficio ás mascarillas.

     No resto dos casos, as familias deberán facer solicitude no prazo máximo de 10 días habiles a conar desde o 13 de novembro (data de publicación no DOG da Orde correspondente), é dicir, con data límite de 26 de novembro. A tramitación deberá realizarse na SECRETARÍA do propio instituto.

     Poden atopar os documentos necesarios e toda a información na Sede electrónica da Xunta de Galicia (PROCEDEMENTO ED330E).

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

(salvo o ANEXO I, toda a documentación é a mesma que a do Fondo solidario de libros)

a) ANEXO I

b)
Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor. En casos excepcionais, permitirase un volante de convivencia como xustificante.

c)
Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d)
Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f)
Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g)
Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

IMPORTANTE: ENTREGA DAS MASCARILLAS. En datas vindeiras informarase do procedemento de reparto das mascarillas entre o alumnado ao que lle correspondan.

PECHE DA CIDADE

ALUMNADO DO IES ELVIÑA QUE SE DESPRAZA DIARIAMENTE DESDE OUTROS MUNICIPIOS

Ante as posibles dúbidas sobre a circunstancia do peche perimetral da cidade da Coruña decretado este venres pola Xunta de Galicia, o alumnado matriculado no noso centro que veña desde outros municipios pode facer uso do carné escolar do centro para xustificar o seu desprazamento á cidade ante as autoridades se así llo requiren.

PLAN DE ADAPTACIÓN COVID-19

DOCUMENTACIÓN COVID-19

     Os seguintes enlaces levan á documentación que, sobre o Covid-19, afecta ao desenvolvemento do labor docente e da organización escolar

Distribuir contido

by Dr. Radut